Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Lírica

asuntesouro

Created on March 14, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Microsite

Essential Microsite

Essential CV

Practical Microsite

Akihabara Resume

Tourism Guide Microsite

Online Product Catalog

Transcript

A LÍRICA

LÍRICA. CARACTERÍSTICAS.

MÉTRICA-RIMA

ESTROFAS

1. XÉNERO LÍRICO

Comprende textos, case sempre escritos en verso, nos que o poeta expresa os seus sentimentos mediante unha linguaxe coidada.

"A ti, meu Cambados, probe e fidalgo e soñador que, ó cantareiro son dos pinales i ó agarimo dos teus pazos lexendarios, dormes deitado ó sol, á veira do mar". Ramón Cabanillas

1.1. Subxéneros

Elexía, oda, sátira, égloga, canción...

1.3. Características

-textos normalmente escritos en verso. -cada verso ten unha certa musicalidade, ritmo. -uso de figuras literarias: repeticións, alteracións da orde de palabras, esaxeracións, xogos de palabras...

Do mar pola orelamireina pasar,na frente unha estrela,no bico un cantar.E vina tan solana noite sin fin,¡que inda recei pola probe da tolaeu, que non teño quen rece por min!A musa dos pobosque vin pasar eu,comesta dos lobos,comesta se veu…Os ósos son delaque vades gardar.¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!¡Ai, dos que levan no bico un cantar!Manuel Curros Enríquez

  • POEMA: composición literaria en verso.
  • ESTROFA: grupo de versos cunha estrutura determinada.
  • VERSO: cada unha das liñas que forman o poema.

2. VERSIFICACIÓN

A MÉTRICAA métrica ocúpase da medida dos versos e da combinación entre eles para acadar o ritmo do poema. Medir un verso consiste en contar o número de sílabas que ten.

A versificación é a arte de combinar versos de acordo cunhas medidas e ritmos determinados.

Os elementos a ter en conta son: a métrica, a distribución dos acentos e a rima.

Os factores que afectan ao cómputo silábico son:a) A posición do acento na última sílaba tónica do verso: -se o verso remata en palabra aguda, súmase unha sílaba máis. -se o verso remata en palabra esdrúxula, réstase unha sílaba. -se o verso remata en palabra grave, o número de sílabas non varía. b) Licenzas métricas: -sinalefa: se unha palabra remata en vogal e a seguinte comeza por vogal, cóntannse nunha única sílaba. (Rei Ar tur) -hiato: cando non se une a vogal final dunha palabra coa vogal inicial da seguinte, porque se precisa unha sílaba métrica máis. Dúas vogais xuntas que pertencen a sílabas diferentes. (bá-go-as) -sinérese: pronunciar nunha única sílaba, formando ditongo, dúas vogais que están en hiato, reducindo así unha sílaba métrica. (pa-seo) -diérese: pronunciar separadamente dúas vogais que forman ditongo, engadindo así unha sílaba máis. (can-ci-ón)

-esperta do teu sono 7 fogar de Breogán 6+1 (E. Pondal) -Rei Artur fica_en silenzo 8 os ollos cheos de bágoas 9-1 -Nunca virá de fóra 7 remedio_ou esperanza 7

Clasificación dos versos segundo a súa medida

Versos simples (non superan as 11 sílabas) -De arte menor: Teñen entre 2 e 8 sílabas. Poden ser: bisílabos (2), trisílabos (3), tetrasílabos (4), pentasílabos (5), hexasílabos (6), heptasílabos (7) e octosílabos (8). -De arte maior: Teñen 9 ou máis sílabas. Poden ser: eneasílabos (9), decasílabos (10) e hendecasílabos (11). Versos compostos (formados por dous versos simples) -Teñen máis de 12 sílabas e están formados por dous versos simples separados por unha cesura que os divide en dous hemistiquios. Poden ser: dodecasílabos (12:6+6/8+4/7+5), alexandrinos (14) etc.

RIMA

É a repetición total ou parcial de sons a partir da última vogal acentuada. Pode ser: RIMA CONSONANTE OU TOTAL A partir da última vogal tónica coinciden todas as vogais e consoantes: O arco da vella trae sete cores que aprende Mariña xogando coas flores (Helena Villar) RIMA ASONANTE OU PARCIAL A partir da última vogal tónica só se repiten as vogais: O arco da vella veu cunha cantiga roubada da chuvia e deulla a Mariña (Helena Villar)

A cada verso asígnaselle unha letra para representar a súa rima. Se o verso é de arte maior, a letra escríbese en maiúscula; se é de arte maior, en minúscula. Escalos, troitas e anguías 8a relocen nas augas frías 8a (Xosé Neira Vilas) Pola frescura da pomareda 10A pasea a dona manto de seda 10A

Os versos que non riman con outros chámanse versos soltos, libres ou brancos. Márcanse cunha raia. Versos libres: non riman uns cos outros e a composición non se axusta ás normas de medida e rima establecidas. Versos soltos: non riman con outros e están nunha composición na que hai outros versos que riman entre si. Versos brancos: non riman, pero teñen o mesmo número de sílabas que o resto dos versos da estrofa.

TERCETIÑA Estrofa de 3 versos de arte menor con rima consonante a-a.

TERCETO Estrofa de 3 versos de arte MAIOR con rima consonante ABA ou A-A.

3. ESTROFAS

Unha estrofa é un conxunto de versos unidos por unhas determinadas características.

Sinto no peito uns afogos 8a que parece que mo morden 8- sete ducias de cans dogos 8a Manuel Curros Enríquez

O tempo que foi carne estremecida 11A invade os arredores do camiño 11- e fende as ondas coma proa erguida 11A Darío Xohán Cabana

3.1. TIPOS

PAREADO Estrofa de 2 versos, de arte maior ou menor, con rima consonante. (aa ou AA)

CUARTETO Estrofa de 4versos de arte MAIOR con rima consonante ABBA.

REDONDILLA Estrofa de 4versos de arte menor con rima consonante abba.

Nunca tiveche unha arela 8a de tan humilde e sinxelo: 8b meu regato de Cepelo, 8b das Regas ou da Barciela! 8a Manuel María

Dáme a luz do teu canto, Rosalía 11A na noite pecha deste mar acedo, 11B que vou cara ó teu reino e teño medo 11B de que se apague a voz que a ti me guía. 11A Víctor Campio Pereira

A rula brinca polo pomar 10A co seu enredo de namorar. 10A Antón Avilés de Taramancos

COPLA Estrofa de 4versos, de arte menor, con rima asonante nos pares e quedan libres os impares -a-a

CUARTETA Estrofa de 4versos de arte menor con rima consonante abab.

SIRVENTÉS/ SERVENTESIO Estrofa de 4 versos de arte MAIOR con rima consonante ABAB.

Desorballando_os prados coma sono, 11A o Tempo vai de Parga_a Pastoriza. 11B Vaise_enterrando, suco_a suco_o_Outono.11A Un paso_adiante e_outro_atrás, Galiza! 11B Xosé María Díaz Castro

Quería que_eu che dixera 8a un madrigal tan pequeno, 8b que, de_escribilo, coupera 8a na palma da man dun neno. 8b Faustino Rey Romero

O arco da vella 6- veu cunha cantiga 6a roubada da chuvia 6- e deulla a Mariña 6a Helena Villar Janeiro

4.O POEMA

SONETO Poema de 14versos hendecasílabos con rima consonante distribuída en dous cuartetos e dous tercetos. O esquema de rima é variable: ABBA ABBA ou ABABABAB os cuartetos; o dos tercetos CDC DCD/ CDC CDC/ CDE CDE...

ROMANCE Serie ilimitada de versos de arte menor (xeralmente octosílabos), con rima asonante nos pares e soltos os impares. O esquema de rima é -a-a-a-a-a...

O poema é a unidade rítmica superior á estrofa. Pode estar constituída por unha ou varias estrofas.

4.1. Tipos