Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Os xéneros narrativos

asuntesouro

Created on March 12, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Learning Unit

Akihabara Learning Unit

Genial learning unit

History Learning Unit

Primary Unit Plan

Vibrant Learning Unit

Art learning unit

Transcript

LITERATURA

OS XÉNEROS NARRATIVOS

Os xéneros narrativos

Conto

Novela

Tipos de novela

Personaxes

Espazo e tempo

Narrador

Os xéneros narrativos

Conto

Novela

Tipos de novela

Personaxes

Espazo e tempo

Narrador

Os xéneros narrativos

O xénero narrativo componse de textos que contan unha historia que lles acontece a uns personaxes nun espazo e nun tempo determinados.

Ademáis da fábula e da lenda, os xéneros narrativos máis cultivados son:

  1. CONTO ou relato: narración breve, normalmente en prosa, con poucos personaxes e cun argumento sinxelo.
  2. NOVELA: narración extensa. Acción situada nun marco espacial e temporal ben definido. Os protagonistas están situados no seu contorno social. Contén unha historia principal e outras secundarias que se relacionan con esta. Recrea un ambiente, unha época.
  3. NOVELA CURTA: narración de menor extensión que unha novela e menos desenvolvemento da trama e personaxes, aínda que sen a economía de recursos narrativos propia do conto.
  4. MICROCONTO ou MICRORRELATO: narración breve, cunha estrutura simple, personaxes minimamente caracterizados, espazos esquemáticos e condensación temporal.

Espazo

Tempo

Protagonista

Conflito

Antagonista

Resolución

O conto

Conto popular e conto literario

Características

CONTOS LITERARIOS Autor concreto Transmisión escrita. O texto queda fixado sen variacións. Temática: humor, misterio, suspense, policial, amorosa...

CONTOS POPULARES Autor anónimo Transmisión oral. Fíxanse por escrito co paso do tempo. Temática: contos marabillosos, de costumes, de animais etc.

-Brevidade -Tema centrado nunha única historia e nun elemento fundamental. -Rápida caracterización do espazo e do tempo. -Escaso número de personaxes, presentados con trazos esenciais. -Diálogos escasos e breves. -Desenlace sorprendente. -Procura a tensión continua, a intriga.

A novela

Clasificación das novelas (e relatos) en función da temática:

Tipos

Novela de aventuras

Novela histórica

Novela realista

Novela policial

Novela de ciencia-ficción

Novela de terror e misterio

Narrador

O narrador é a voz que conta a acción que levan a cabo os personaxes. Pode adoptar distintas perspectivas:

Narrador en 2ª persoa

Narrador en 1ª persoa

Narrador en 3ª persoa

É un narrador dentro da historia e tamén personaxe.

É un narrador externo, alleo á historia, é dicir, non é personaxe.

O narrador dialoga co lector (ti ou vós) ou desdóbrase e fala consigo mesmo.

-Narrador protagonista: conta acontecementos que lle sucederon a el mesmo. Ten unha visión limitada,só pode contar o que el sabe, o que ve ou o que pensa. -Narrador testemuña: conta sucesos que presenciou, pero dos que non participa. Visión limitada, é un observador, conta o que ve, o que escoita ou o que pensa.

-Narrador omnisciente: sábeo todo acerca dos personaxes (o seu pasado, o seu futuro, os seus pensamentos e sentimentos máis íntimos). -Narrador obxectivo: só conta o que percibe polos sentidos, sen xulgar nin opinar. Actúa como se fose unha cámara cinematográfica.

Personaxes

Podemos clasificar os personaxes segundo diversos aspectos:

Segundo a súa importancia na historia

-PERSONAXES PRINCIPAIS: teñen un papel fundamental na historia e dan orixe ao conflito. Están presentes durante toda a historia, desde o principio ata o remate. -PERSONAXES SECUNDARIOS: a súa importancia é menor e son simples complementos dos principais. Aparecen de forma esporádica.

Segundo a súa natureza

-FICTICIOS:aqueles que non existiron na vida real. -HISTÓRICOS: aqueles que si existiron. -REAIS: actúan como persoas da vida real. -FANTÁSTICOS: aparecen nas narracións fantásticas, son seres que non existen (fadas, bruxas, trasnos...) -SIMBÓLICOS ou alegóricos: representan un valor ou calidade (morte, xustiza...). -AUTOBIOGRÁFICOS: son narradores da súa propia vida.

O espazo

O espazo é o lugar onde suceden os feitos narrados e por onde se moven os personaxes. Corresponde ao entorno social, cultural, relixioso, moral ou económico no que se desenvolven os acontecementos.

O espazo pode corresponder a un lugar real ou a un espazo de ficción, inventado polo autor. Pode ser urbano ou rural, interior ou exterior etc. Ás veces, o espazo ten un valor simbólico, positivo ou negativo.Tamén pode converterse no auténtico protagonista (novelas itinerantes) e determinaro comportamento dos personaxes.

O tempo

Na análise do tempo é preciso diferenciar dous aspectos:

Segundo a orde dos feitos

-Lineal: os feitos preséntanse seguindo unha orde cronolóxica. Con saltos temporais: -in medias res: o relato comeza no medio da acción -cara atrás: salto cara ao pasado dende un punto determinado da historia (flashback ou analepse) -cara adiante: salto cara o futuro, contando por adiantado un suceso posterior (flashfoward ou prolepse)

Tempo externo ou tempo da historia

Época, momento, data na que se sitúa a historia. Pode ser explícito ou deducirse do ambiente, dos personaxes...

Segundo a cantidade de acontecementos

Tempo interno ou tempo do discurso

O ritmo será máis rápido ou máis lento. Por exemplo, cen páxinas para contar o que sucede nunha hora (ritmo lento), tres liñas para contar dez anos (ritmo rápido).

É o tempo que duran os acontecementos narrados. Pode abranguer anos, décadas..., ou reducirse a unhas horas..

Cuestionario

Pregunta 1

As características do conto son: brevidade, temas variados na mesma obra, personaxes diversos e abundantes, diálogos breves, desenlaces sorprendentes e intrigantes ata o final? (marca o que haxa que corrixir, se é o caso)

Un único tema, poucos personaxes

Todo é correcto

Lonxitude variable, sen diálogos

Pregunta 2

¡CORRECTO!

Cantos tipos de novela vimos na unidade?Cales son?

6 De aventuras, policial, histórica, de ciencia-ficción, amorosa, de terror.

4 De aventuras, policial, histórica, realista

6 De aventuras, policial,histórica,de ciencia-ficción,realista, de terror.

Pregunta 3

¡CORRECTO!

Indica a que tipo de narrador pertence a seguinte definición: O narrador conta a historia desde fóra, non é un personaxe e ten un coñecemento absoluto sobre os personaxes (o seu pasado, o seu futuro...)

Narrador en 3ª persoa omnisciente

Narrador en 3ª persoa obxectivo

Narrador en 1ª persoa testemuña

Pregunta 4

¡CORRECTO!

Cando durante o relato dunha historia damos un salto atrás, isto chámase?

Prolepse

Elipse

Analepse

Resultados

¡CORRECTO!

1/4

2/4

3/4

0/4

4/4

0 correctas

2 correctas

3 correctas

1 correcta

4 correctas