MULLERES DE CINE
8 de marzo 2019
TULLY
UN SOL INTERIOR
ALITA: ANXO DE COMBATE
TRES ANUNCIOS NAS AFORAS
A CÁMARA DE CLAIRE
A NOIVA DO DESERTO
DESOBEDIENCIA
CUSTODIA COMPARTIDA
SEMPRE XUNTOS (BENZINHO)
Mentres Alita toma as rendas da súa nova vida e aprende a adaptarse ás perigosas rúas de Iron City, Ido tratará de protexela do seu propio pasado e o seu novo amigo Hugo ofrecerase a axudala a desenterrar as súas lembrazas. Alita descobre que posúe habilidades únicas. Recreación do clásico anime de 1993 Alita, Anxo de Combate.
Película moi premiada. Mildred Hayes, unha muller de 50 anos cuxa filla adolescente foi violada e asasinada, decide iniciar pola súa conta unha guerra contra os policías do seu pobo, Ebbing, ao considerar que non investigan o suficiente para resolver o caso e que se faga xustiza. O seu primeiro paso será contratar uns valos publicitarios denunciando a situación e sinalando ao xefe de policía, William Willoughby, como responsable principal da pasividade dos corpos de seguridade.
Durante unha viaxe de negocios ao Festival de Cannes a moza Manhee, asistente de vendas dunha distribuidora, é despedida pola súa xefa acusada de ser deshonesta, pero no fondo hai unha cuestión de celos. Por sorte, coñecerá allí a unha profesora chamada Claire, que fai fotos coa súa cámara Polaroid. Cada unha delas ten unha peculiar visión da vida, e xuntas chegan a entender os seus mundos respectivos.
Myriam e Antoine Besson divorciáronse, e ela solicita a custodia exclusiva do seu fillo Julien para protexelo dun pai ao que acusa de violento. Antoine defende o seu caso como un pai desprezado, e a xuíz do caso sentencia a favor da custodia compartida. Refén do crecente conflito entre os seus pais, o mozo Julien vese empuxado ao límite.
Unha muller que se criou nunha familia ortodoxa xudía regresa ao seu fogar debido a morte do seu pai, un rabino. A controversia non tardará en aparecer cando comeza a mostrar interese por unha vella amiga da infancia.
Conta a historia de Teresa, unha muller de 54 anos que traballa como empregada doméstica nunha casa familiar en Buenos Aires. Durante décadas refuxiouse na rutina das súas tarefas, pero agora que a familia decidiu vender a casa, a súa vida empeza a cambalear.
Isabelle, nai solteira, artista divorciada cun fillo, busca o amor verdadeiro, pero só vai atopando decepcións... Filme inspirada no ensaio de Roland Barthes Fragmentos dun discurso amoroso.
Irene é unha ama de casa de Rio de Janeiro, que ten catro fillos e acolleu á súa irmá e ao seu sobriño, vítimas de malos tratos. Xunto ao seu marido forman un clan moi unido pero han de lidar con moitos problemas no seu día a día.
Marlo é unha nai con tres fillos, o último acaba de nacer, que recibe un inesperado agasallo de parte do seu irmán: unha aia para axudala polas noites. Ao principio parécelle unha extravagancia, pero Marlo acaba tendo unha relación única con Tully, unha aia moza, amable, sorprendente e, en ocasións, difícil.
Mulleres de cine 19
xmlores
Created on February 27, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Practical Microsite
View
Essential Microsite
View
Akihabara Microsite
View
Essential CV
View
Akihabara Resume
View
3D Corporate Reporting
View
Corporate CV
Explore all templates
Transcript