Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O galego na Idade Media

Belén MF

Created on October 21, 2018

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Visual Presentation

Vintage Photo Album

Transcript

O galego na Idade Media.

Contexto histórico, cultural, social e lingüístico.

Galiza na Alta Idade Media (s. VIII e IX)

  • Economía agrícola e mariñeira. Próspera actividade artisanal e comercial ("burgos")
  • Sociedade estamental ríxida. Poder concentrado na nobreza (bellatores ) e no crego (oratores) // campesiños e mariñeiros (laboratores) e burguesía .
  • Acumulación paulatina do poder nos monarcas en detrimento do señor feudal.
  • Galiza pasou de ser reino independente a se integrar no reino astur-leonés(s. .X) e posteriormente na coroa de Castela (s.XI). O condado de Portugal proclámase reino independente no século XII.
  • A Igrexa católica acapara case todo o poder no ámbito da cultura (mosteiros, bibliotecas, universidades...) agás a cultura laica na corte.
  • Discriminación da muller no ámbitos cultural, xurídico-administrativo, social (amparada no Código de las siete partidas de Afonso X). Expectativas moi limitadas: casamento, convento ou marxinación.
  • Xenofobia e intolerancia relixiosa cara aos xudeus. Confinados en guetos.
  • Marxinación e persecución dos leprosos, prostitutas, herexes e homosexuais.

O máximo esplendor: a Era Compostelá (s. XII e XIII)

https://www.nationalgeographic.com.es/historia/actualidad/admirable-restauracion-portico-gloria-catedral-santiago-compostela_12933

Premede na foto

Circunstancias que favoreceron o esplendor

* Situación de relativa paz. Galiza era terra de retagarda na guerra contra os árabes e cesaron os ataques normandos por vía marítima. * Aumento da poboación, mellora do comercio e da economía en xeral. * Florecemento da agricultura. Os produtos vendíanse e alimentaban a poboación (De aí veñen topónimos coma Vilar, Casal, Vilanova...) * Desenvolvemento das cidades e da clase burguesa. Tensión cos nobres que desembocará nas Revoltas Irmandiñas no s. XV.

* Compostela, núcleo cultural de Europa. O Camiño de Santiago trouxo riqueza material, artística , literaria , lingüística (préstamos doutras linguas) . Papel fundamental do Arcebispo Xelmírez (s.XI) no esplendor da cidade. * Forte influencia da nobreza galega na corte astur-leonesa e posteriormente, na castelá. * Florecemento da arte románica ao longo do Camiño de Santiago. * Florecemento e prestixio da lírica trobadoresca galegoportuguesa (cantigas)

O galegoportugués era un idioma de prestixio e estaba normalizado en todos os ámbitos (cultural, administrativo, relixioso...) e era falado por todas as clases sociais.

Comeza a decadencia política e social a partires do século XIII.

  • A independencia de Portugal en 1211 debilitou o peso político de Galiza. Comeza a depender cada vez máis da Coroa de Castela. Con Fernando III unifícanse as Coroas de Galiza, León e Castela.
  • O poder político comeza a concentrarse cara ao sur. Toledo, capital do reino.
  • 1ª guerra de sucesión no século XIV: a nobreza galega apoiou a Pedro I na súa loita pola coroa contra Henrique de Trastamara. O rei vencedor, Henrique, toma represalias contra os nobres galegos e comeza a traer nobreza castelá a Galiza.
  • 2ª guerra de sucesión no século XV. Parte dos nobres galegos apoian a dona Xoana e outra parte e mais o alto clero, a Isabel I que conseguiu a coroa. Os Reis Católicos someten a nobreza galega.
  • Estancamento económico provocado pola excesiva división das terras (minifundios)
  • A Peste Negra dezmou a poboación.

As Revoltas Irmandiñas

En resume

Alta Idade Media. Galiza feudal. S. VIII-XI. Relativa independencia política

Baixa Idade Media. Comezo da decadencia social e política. (s.XIII-XV)

Revoltas Irmandiñas (s. XV)

Esplendor da Era Compostelá. S. XII e XIII

A nosa lingua na Idade Media

Do uso oral ao escrito

Independencia de Portugal

Primeiros textos

Datan de finais do s. XII-comezos do XIII. Son documentos privados, públicos, xudiciais, eclesiásticos, científicos, historiográficos e literarios.

Antes de apareceren os primeiros documentos escritos no s. XII, o galegoportugués levábase usando oralmente centos de anos dende o s. VIII (+/-)

A separación no 1121 non on influíu de inmediato no afastamento entre as falas de ambas as dúas marxes do Miño .

Testamentos, documentos de compravenda, doazóns, sentenzas, recursos, querelas, un tratado sobre as doenzas do cabalo, historias da Península (fontes latinas e castelás) e sobre todo as 2000 cantigas, son exemplos de textos en galegoportugués medieval que conservamos.

Lingua de reis, lingua do pobo

› O galego gozaba de grande prestixio fóra das nosas fronteiras grazas ao Camiño de Santiago e ás cantigas. Toda a Península compón en galegoportugués (agás a zona musulmá e o condado de Cataluña, que o fai en provenzal) › A nobreza galega e portuguesa e os reis favorecían o emprego por Europa do galegoportugués. ›

› Monolingüismo en galego. Até o século XV, o galego foi lingua de todas as clases sociais (labregos, artesáns, nobres e reis) › A partir do s. XII, comézase a escribir alternándoo co latín. › A presenza do castelán en Galiza era inexistente.

O castelán comeza a se introducir amodiño...

› Fernando III foi o 1º rei en utilizar o castelán documentación dirixida a Galiza no século XIII.

› Despois das guerras de sucesión dos s. XIV e XV, os cargos máis importantes foron ostentados por xente de fóra de Galiza que tiñan o castelán como lingua materna.

› A nobreza pouco a pouco comezou a relegar o galego a ámbitos familiares e informais e foi adoptando o castelán para os ámbitos formais. MAIS ESTE PROCESO DE SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA FOI LONGO E DUROU SÉCULOS

O paso do galegoportugués a galego e portugués

A creación dun reino portugués contribuíu á escisión da lingua en dúas variantes. O influxo das linguas mozárabes do sur no reino Portugal tamén axudou a marcar a diferenza de xeito progresivo co modelo galaico (ditongo UI; /b/:/v/; vogais nasais, uso do pronome TE como CD e CI; consoantes sonoras: cozinha, Jorge, casa; léxico diferente: presunto, alface... Coímbra e sobre todo, Lisboa, marcaron o estándar lingüístico de Portugal. Galiza, ao formar parte do reino de Castela non pode consolidar unha norma e institucionalizar o galego ao carecer dunha capital política propia. Así e todo, o proceso diferenciador non foi inmediato, podémolo comprobar hoxe en día nas falas entre a fronteira do Miño.

Grazas pola vosa atención

Belén