Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Historia da lingua galega

Belén MF

Created on October 14, 2018

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Memories Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Historical Presentation

Transcript

O GALEGO, LINGUA ROMÁNICA

HISTORIA DA NOSA LINGUA

Con todo, podemos falar de dous tipos de substrato: preindoeuropeo e indoeuropeo

As linguas que forman o substrato do galego son as linguas que se falaban antes da chegada dos romanos ao noso territorio. Non se conservan mostras escritas das mesmas polo que detectar a súa pegada non foi tarefa doada

Idade de Pedra Exemplos: mato, queiroga, carrasco, morote, morea, barro, cádavo, carballo, cama veiga, carqueixa, mato, carrapucho...

800 a.d.C. Segundo os historiadores romanos os pobos preindoeuropeos foron desprazados polos saefes, pobos indoeuropeos, entre eles estaban os celtas que deixaron pegada no noso vocabulario común e na toponimia. berce, billa, burato, croio, rodaballo, sarabia, bidueira... Coruña, Laxe, Avia, Bugallo, Miño, Lama, Lamela, Sar, Sarela, Céltigos, Deva... Lugares rematados en -obre, -ove, -ebre, -abre, -obe. O Grove, Xove, Lestrove, Cecebre, etc. O latín herdou tamén do sustrato algúns fenómenos fonéticos: perda do -N- e -L-; LUNA, lúa; paso do -KT- a -it-, NOCTE,noite; paso do KL-, PL-, FL- a ch-, PLUVIA, chuvia, FLAMMA, chama; CLAVE, chave.

"Galiza" ou "Galicia" proveñen do nome dunha tribo situada entre o Miño e o Douro: os callaeci. Do nome dese pobo xorde GALLAECIA en latín para denominar o N.O. peninsular, convertido en provincia romana no 305 da nosa era.

O latín é un idioma indoeuropeo que naceu na Península Itálica cara ao século VI a. de C. O seu primeiro contacto co N.O. da Península Ibérica data do ano 139 a. de C.

Falamos de tres períodos de romanización do N.O. da Penísula.

61-60 a.de C. Expedición militar e somentemento do territorio da Gallaecia por parte de Xullo César.

138-137 a.de C. As tropas de Décimo Xuño Bruto cruzan o río Limia (Lethes en latín). O "río do esquecemento"

29-19 a.de C. Octavio Augusto completa a conquista. Episodio do Monte Medulio

Como se romanizou a Gallaecia?

Dividiuse administrativamente en tres conventus con cadansúa capital.

O asentamento de romanos no territorio favoreceu os matrimonios mixtos. Creáronse villae e implantáronse novas técnicas agrícolas. Numerosas explotacións mineiras para extraer ouro (OURENSE)

  • Asturica Augusta
  • Lucus Augusti
  • Bracara Augusta

Permanente presenza do exército romano cuxa lingua era o latín, que recrutaba soldados entre a poboación autóctona.

Construíronse e melloráronse as vías de comunicación (pontes, calzadas...)

COMO SE INTRODUCIU O LATÍN?

o LATÍN É A LINGUA DOS COLONIZADORES, DA ADMINISTRACIÓN E DO EXÉRCITO. A PARTIRES DO SÉCULO II COMEZA A SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA. o LATÍN É O IDIOMA DA PROMOCIÓN SOCIAL E DA CONEXIÓN CON TODO O IMPERIO ROMANO. CARA AO SÉCULO VI DESAPARECEN TODAS AS LINGUAS DE SUBSTRATO COMPLETÁNDOSE A SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA.

O LATÍN DO N.O. ERA UNHA MESTURA DUN LATÍN CULTO (DA PROVINCIA DA BÉTICA) E POPULAR (DA PROVINCIA DE TARRACO) AS LINGUAS DE SUBSTRATO INFLUÍRON TAMÉN NO LATÍN DE CADA TERRITORIO ROMANIZADO

A comezos do século V os suevos instauraron o primeiro reino da Europa medieval. Era unha Gallaecia fondamente cristianizada influída pola corrente anorvadora do Priscilianismo, duramente perseguida pola Igrexa oficial. As linguas dos pobos xermánicos (suevos, vándalos e visigodos) que se estableceron na GALLAECIA tras a caída do imperio romano (s.V) forman parte do superestrato do galego. A súa influencia centrouse sobre todo no léxico relacionado coas novidades do pobo invasor: a toponimia e antroponimia pero non alterou o estrato latino. Exemplos: topónimos en -riz: Guitiriz, Allariz..,, en -mil: Castromil, Samil...; en -ar (Baltar, Tosar...; en -monde/-munde (Baamonde, Taramundi...), en -ulfe/-olfe (Randulfe), e vilas formadas de xentilicios:A Gudiña, Godos, Suevos, Suegos, Gude. Antroponimia: Álvaro, Elvira, Alberto, Gonzalo... E léxico común: agasallar, arpa, esmagar frecha, luva, laverca, roupa, guerra, elmo....

O superestrato árabe é amplo pero chegou na súa maioría á nosa lingua a través do castelán posto que os árabes permaneceron pouco tempo no noso territorio. Ex: laranxa, aceite, arroz, nórea, azotea, alfaia, álxebra, xadrez... E algún topónimo que entrou directamente: Sada, Rábade, A Mezquita, Almuíña Dende a entrada dos árabes na Península no 711, o mapa político, cultural e lingüístico mudou. No norte naceron 5 linguas romances: galegoportugués, asturleonés, castelán, aragonés e catalán. O mozárabe é a lingua románica que dominará os territorios do sur.

Aínda que non temos ningún documento escrito ata o século XII, só se escribía en latín, o noso idioma existe como lingua romance a partir do século VIII. Sabémolo porque nos textos latinos da época aparecían interferencias directas do galego (vila, couto, rego...) e incorreccións en latín (celleiro, auterio...) provocadas polo novo idioma.