Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
1º BACH XUÑO 2018 Operación "A MEDIO CAMIÑO"
PIENSOSIENTOSOY
Created on June 10, 2018
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Visual Presentation
View
Vintage Photo Album
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Higher Education Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
Transcript
OPERACIÓN "A MEDIO CAMIÑO!"
DE 1º Bach A 2ºBach ... e máis alá!
ORIENTAMUGARDOS. XUÑO 2018BLOG: http://piensosientosoy.blogspot.com FACEBOOK:@piensosientosoyorientadora
OPERACIÓN "A medio Camiño!"
Esta presentación é un pequena introdución dos contidos do Caderniño de Orientación Profesional de 1ºBacharelato. Unicamente imos ver as cuestións claves, debes ampliar información co caderniño, ok?
TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A ROMA?
Esta frase ben nos vale para indicar que PODES CHEGAR A UNHA META DESDE DIFERENTES ITINERARIOS.Todo depende dos teus intereses, das túas motivacións, das capacidades nas que destacas, dos teus concidicionantes persoais (económicos, familiares, valores, etc). A un destino pode chegarse nun tren máis rápido ou máis lento, ou... en coche ou en avión. Pode que teñas que facer paradas, incluso que perdas un tren, que o teu percorrido sexa dificultoso ou teña imprevistos, pero escollas o itinerario que escollas poderás chegar a Roma ou donde ti queiras ;) ,
PRIMEIROS OBXECTIVOS:1º PROMOCIONAR, LOGO TITULAR
PROMOCIONO A 2º CURSO
TITULO, SON BACHILLER!!
Para promocionar a 2º tes que aprobar todo ou suspender como máximo dúas materias.
Estás a medio camiño, non queda moito para chegar ao segundo nivel, á túa segunda titulación: o Bachiller!! PARA CONSEGUILO DEBES APROBAR TODO, TODO!!
No caso de que suspendas tres ou máis materias terás que repetir. LEMBRA que so podes repetir unha soa vez por curso no réxime ordinario. En ocasións, o primeiro curso serve para tomar decisións sobre cambios na ruta e o GPS. Pode que a túa modalidade sexa outra ou que prefiras iniciar un Ciclo Medio. Máis adiante verás estas posibilidade.
Se suspendes algunha materia, terás que repetir. En 2º de Bacharelato podes repetir o curso enteiro ou repetir so das materiass suspensas.Se vas a realizar a ABAU ten en conta que te pode vir ben un repaso ás demáis materias ou incluso subir nota (gárdanche a nota das aprobadas).
O EXPEDIENTE: TES CLARO O IMPORTANTE QUE É?
NOTAS E CONVOCATORIAS PERMITEN ACADAR SONOS
UNIVERSIDADE -No acceso á universidade podes acadar ata 6 puntos de 14 co teu expediente. -A maior nota máis posibilidades de conseguir praza nun Grao Universitario -Nas titulacións máis demandas poden agotarse as prazas na convocatoria de XUÑO. Se aprobas en XULLO disminúes as túas probabilidades de entrar!!
CICLOS DE FPE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL -A maior nota máis posibilidades de conseguir praza. -Nas titulacións máis demandas poden agotarse as prazas na convocatoria de XULLO. Se aprobas en setembro disminúes as túas probabilidades de entrar!!
PARTICIPACION NOUTRAS CONVOCATORIAS E PROGRAMAS Ter boa nota permite o acceso a convocatorias de programas e becas, e optar a matrículas de honra e premios extraordinarios.
CAMBIOS PARA O PRÓXIMO CURSO 18-19
O próximo curso a convocatoria extraordinaria de setembro pasa a ser en XULLO. Este cambio será tanto para a convocatoria de Bacharelato como da ABAU. Intenta levar as materias ao día porque terás poco tempo para rectificar e mellorar notas.
CAMBIO DE MODALIDADE
CANDO E DONDE SE SOLICITA?Solicítase á dirección, con carácter xeral: - durante os dous primeiros meses do 1º curso - antes do comezo das actividades lectivas do 2º curso.
MATERIAS QUE HAI QUE TER CURSADAS E SUPERADAS AO FINALIZAR 2º - todas as materias xerais do bloque de materias troncais de cada un dos cursos da modalidade pola que rematas - catro materias de opción do bloque de materias troncais das que polo menos tres deben ser da modalidade pola que rematas, das cales dúas serán de segundo curso; -Educación Física -Lingua Galega e Literatura -un mínimo de catro do bloque de materias específicas das cales dúas serán de 1º e dúas de 2º
CAMBIO DE MODALIDADE AO PROMOCIONAR A 2º
a) Debes cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias troncais de 2º e, de ser o caso, as de 1º que non tiveses superado. b) Debes cursar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do 1º curso da nova modalidade ou do novo itinerario. c) Non precisas superar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do 1º curso da modalidade ou do itinerario que abandonas. d) Deberá cursar, da nova modalidade, dúas materias do bloque de materias troncais de opción de 2º curso e, polo menos, unha de 1º curso. e) As materias troncais de opción de 1º curso superadas, da modalidade que abandonas, poderán computarse: unha delas como materia troncal de opción da nova modalidade, e outra, como materia específica de 1º da nova modalidade. f) A materia xeral superada do bloque de materias troncais propia da modalidade ou do itinerario que abandonas de 1º curso poderá computarse como materia específica de 1º curso da nova modalidade ou do novo itinerario.
Supero1º Bacharelato e...agora que!?
Supero 1º Bacharelato e...agora que!?
...e preguntar dúbidas á ORI. Contrasta a información con ela, non te quedes con información que escoitas na rúa
Pois toca coñecer as miñas opcións, que materias escoller, afondar nas decisións dos estudos posteriores, plantexarme cambios se é preciso, etc
Acceso a outras ensinanzas
O título de Bachiller permite o acceso a...
GRAO UNIVERSITARIO
ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (con proba de acceso específica)
CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN (con proba de acceso específica)
CICLO GRAO SUPERIOR FPE
ARTE DRAMÁTICO (con proba de acceso específica)
CICLO GRAO SUPERIOR ENSINANZAS DEPORTIVAS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (proba de acceso específica )
Quero cursar FPE
23 FAMILIAS PROFESIONAISCada familia inclúe Ciclos de diferentes Graos
Mundo laboral
TÍTULOS-Básico (CB) -Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)
CICLO GRAO MEDIO
- Grao Básico
- Grao MEDIO
- Grao SUPERIOR
CICLO GRAO SUPERIOR
GRAO UNIVERSITARIO
REQUISITOS DE ACCESO -Directo: CM: ESO (70 % das prazas) ou FP Básica (20% das prazas) CS: CM (10% das prazas), Bach (70% das prazas) -Mediante proba (cando non tes título esixido): 17, 19 anos (10% das prazas)
- Duración: 2 anos
- 2000 horas en practicamente todos os ciclos
Se estás a cursar un CS sen ter o Bacharelato podes obter o TÍTULO DE BACHILLER matriculándote unicamente das materias xerais troncais!!
- MÓDULOS profesionais
- Módulos comúns a tódolos ciclos: FOL, Empresa e iniciativa emprendedora
- FCT
MODALIDADES: Ordinaria, Modular (a distancia, presencial), Dual (se tes entre 16-29 anos)
- ERASMUS
- CONCURSOS
INSCRICIÓN NUN CICLO DE GRAO MEDIO
SOLICITUDE DE PRAZA (PROCESO DE ADMISIÓN)
-DOUS PRAZOS DE ADMISIÓN: *XUÑO (do 25 de xuño ao 3 de xullo, se aprobas en xuño), *SETEMBRO (do 03 ao 11 de setembro, se aprobas nesta convocatoria). En cada período hai alomenos dúas ADXUDICACIÓNS, se no te dan praza na primeira poden darche na segunda. -Nº DE SOLICITUDES: SO SE PERMITE UNHA POR MODALIDADE (ordinaria, modular a distancia, modular presencial, dual) -FORMAS de solicitude: vía web ou en papel. -nº de CICLOS a solicitar: ata oito (podes pos diferentes ciclos ou o mesmo en diferentes localidades). Recoméndoche pedir os oito. Cúbreos por orde de preferencia, se tes praza no 1º daránche no 1º, de non poder ser daránche no 2º solicitado e así sucesivamente. -PRAZAS LIBERADAS: en cada período de admisión ábrese un prazo no que podes matricularte directamente nas prazas non ocupadas sen ter feito a admisión. -CÓDIGOS: na solicitude tes que por os códigos do ciclo e do centro (aparecen na relación de centros para o próximo curso 18-19, ver enlace a admisión). -Tipos de CENTROS que imparten Ciclos: IES, CIFP, CPR
FORMALIZAR MATRÍCULA (cando che adxudican praza)
Os prazos son moi curtos, debes estar pendente. Non marches de vacacións ata que non formalices a matrícula, se non o fas no prazo indicado perdes a praza.
CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
GALICIA: 23 FAMILIAS PROFESIONAIS
Preme en cada familia para coñecer todos os Ciclos Básicos, Medios e Superiores
Oferta fora de Galicia: no blog, ir ao enlace "TODOFP"
OFERTA CICLOS MEDIOS FPE
LEMBRA: A OFERTA ACTUALÍZASE EN XUÑOPode que haxa novos ciclos e centros que imparten esta formación! Consulta novos folletos no Blog de Piensosientosoy
Existe a posibilidade de validar créditos universitarios por módulos de FP e viceversa. No caso de ter feito un CS e querer realizar un Grao Universitario podes consultar no enlace as validacións. Co mesmo título de FP poden validarte materias diferentes no mesmo Grao Universitario en función da Universidade. Isto é así porque os plans de estudos dunha universidade a outra varían. Hai validacións que son automáticas e outras deben ser estudadas e aprobadas polo MECD.
Validacións entre Ciclos Superiores e Graos Universitarios
Vínculo C. Superiores -Bacharelato
Quero cursar ENSINANZAS ARTÍSTICAS
- Duración: 2 anos
- 2000 horas
ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
CM Serigrafía CM Procedementos Xoiaría artística CS Arquitectura efémera CS Cerámica artística CS Dourado, prateado e policromía CS Ebanistería artística CS Escultura aplicada ao espectáculo CS Fotografía artística CS Gravado e técn. de estampación CS Ilustración CS Serigrafía Artística CS Xoiaría Artística
REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)
Mundo laboral
TÍTULOS-Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)
CICLO GRAO SUPERIOR
GRAO UNIVERSITARIO
ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
ENSINANZAS SUPERIORESARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
- Duración: 4 anos
- EQUIVALENTE A GRAO UNIVERSITARIO
-Deseño Gráfico -Deseño de INTERIORES -Deseño de MODA -Deseño de PRODUTO
REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: Bacharelato ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)
CONSERVAC. E RESTAURAC.BENS CULTURAIS
ARTE DRAMÁTICO
Dirección Dramaturxia Esceonografía
Arqueoloxía Escultura Pintura
Quero cursar ENSINANZAS DEPORTIVAS
ENSINANZAS DEPORTIVAS
- Duración: 2 anos
- 2000 horas
• CM Esquí Alpino CS Esquí Alpino • CM Esquí de Fondo CS Esquí de Fondo • CM Snowboard CS Snowboard • CM Fútbol CS Fútbol • CM Fútbol Sala CS Fútbol Sala • CM Atletismo CS Atletismo • CM Baloncesto CS Baloncesto • CM Balonmán • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre •CS Hípica • CM Salvamento e Socorrismo CS Salvamento e Socorrismo • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo • CM Vela con Aparello Fixo • CM Vela con Aparello Libre • CM Judo e Defensa Persoal • CM Piragüismo de Augas Tranquilas • CM Piragüismo de Augas Bravas • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas • bloque común actividades de formación federacións deportivas
REQUISITOS DE ACCESO: -Ter a titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez -Superar unha proba específica deportiva (salvo exencións)
TÍTULOS-Técnico Deportivo (CM) -Técnico Deportivo Superior (CS)
Acceso a...
GRAO UNIVERSITARIO(no caso de CS)
CICLO GRAO SUPERIOR (no caso do CM)
Mundo laboral
BACHARELATONO IES MUGARDOS
Como escoller Materias e Modalidade de Bacharelato?
Queres cursar o BACHARELATO. Ben, entón debes preguntarte PARA QUE?
-Se é para cursar un Grao Universitario... Tes que saber que os GRAOS se organizan en RAMAS e que cada RAMA se relaciona con materias de 2º curso dunha ou máis modalidades de Bacharelatos. Son dalgunhas destas materias das que che examinarán na ABAU (proba de acceso á universidade) para mellorala puntuación. Debes ter en conta que as materias de 1º Bacharelato están relacionadas coas de 2º e estas coa ABAU. Consulta o cadro de vínculos das RAMAS universitarias coa elección de materias de 2º Bach e os parámetros de ponderación .
-Se é para cursar un Ciclo Superior de FPE... Debes consultar que ciclos están vinculados con cada modalidade de Bacharelato. CONSULTA as táboas de vínculos CS-Bacharelato
1. Existen MATERIAS CON CONTINUIDADE, son: • as acompañadas dun número romano (I), • Bioloxía-Xeoloxía e, • Física-Química. A continuidade implica que para poder cursar a materia de 2º debes ter cursada a de 1º curso. Non obstante, poderás matricularte da materia de 2º curso sen cursar a correspondente materia de 1º curso, sempre que o profesorado considere que reúnes as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de 2º. En caso contrario, debes cursar a materia de 1º, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que se terá promoción a 2º.
Debes saber...
As cualificacións de Reforzo de INGLÉS figuran integradas na 1ª Lingua Estranxeira.
A matriculación nas materias escollidas está condicionada por: -o número de alumnos/as que escollen a materia (5 ou 10 alumnos/as segundo os casos). -o número de profesores/as que nos autorizan a impartila materia.
Ramas e Graos Universitarios-modalidades e materias de Bacharelato
Consulta os GRAOS UNIVERSITARIOS do Sistema Universitario Galego (SUG)
ABAU
O primeiro que debes coñecer é a fórmula para calcular a nota de acceso á universidade: 60% nota de expediente +40% fase obrigatoria ABAU + 4 puntos da fase voluntaria da ABAU Para obter a mellor nota tes que ter en conta que: - A nota do expediente non se pode cambiar pero a da ABAU si. Por iso, durante o Bacharelato debes intentar conseguir o mellor expediente posible -todas as materias contan. Compensa as materias que se che dan peor cunha mellor nota nas que tes máis facilidade. PARTES DA ABAU: 1. Na FASE OBRIGATORIA examinaránche de cinco materias de 2º curso: 2. A FASE VOLUNTARIA versará sobre as materias de opción troncais e de modalidade de 2º curso. Estas materias relaciónanse coa rama do Grao Universitario que queres estudar (ver táboas parámetros de ponderación). Multiplícase a nota que obteñas nestas materias (cóllense as dúas materias con nota máis alta) polos parámetros de ponderación 0,2 ou 0,1 (ver táboas). Se suspendes estas materias simplemente non engades nota pero non suspendes a ABAU. Esta parte permite ter máis posibilidades á hora de entrar nunha titulación.
Dependendo da modalidade que curses, unha das seguintes: -Ciencias: Matemáticas II -Artes:Fundamentos da Arte II, -Humanidades: Latín II -C. Sociais: Matemáticas Aplicadas CC.SS. I Esta materia conta para a fase obrigatoria e a voluntaria
-Hª de España, -L. Castelá e Literatura II -L. Galega e Literatura II -1ªLingua Estranxeira II
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN
Os parámetros son uns valores (0,1 ou 0,2) que se asocian a cada materia da que che examinas na fase voluntaria da ABAU. Estes parámetros multiplícanse pola nota que obteñas nesa materia. A mesma materia pode ter parámetros de ponderación diferentes en función da titulación universitaria á que queiras acceder.
0,2
0,1
EXEMPLO
MATERIAS QUE PODES ESCOLLER PARA CURSAR O GRAO DE BELAS ARTES Na táboa de ponderacións vemos que: - unicamente contan para a fase voluntaria da ABAU as materias de: Artes Escénicas, Cultura Audiovisual II, Debuxo Técnico II, Deseño, Fundamentos de Arte II, Historia da Arte e Historia da Filosofía. -agás Hª da Filosofía, as demáis ponderan 0,2. Sempre que non se che dean moi mal é recomendable escoller as que ponderen con 0,2. Como hai materias que indican II, debes ter cursada a I en 1º curso, por iso é tan importante ter esta información neste momento.
COMO SE CALCULA A NOTA DA FASE VOLUNTARIA ABAU?. Imaxina que escolles examinarte de Hª da Arte e Hª da Filosofía e obtés as seguintes notas: -Hª da Arte: 8 -Hª da Filosofía: 6 Para calcular a nota da fase voluntaria, tes que multiplicar as notas de cada materia polos parámetros de ponderación correspondentes (0,2 ou 0,1) que aparecen na táboa. Verás que o parámetro de ponderación de Hª da Arte para Belas Artes é de 0,2 e o de Hª da Filosofía é de un 0,2 polo que a nota final sería: 8*0,2 + 6*0,1= 1,6+0,6= 2,2 Esta nota engásese á da fase obrigatoria e a do expediente. Ten en conta que canto maior é o parámetro de ponderación, maior é a nota na fase voluntaria
MOMENTO YOUTUBER
NOTAS DE CORTE
Cada ano publícase o listado das notas de corte de cada titulación no SUG. A NOTA DE CORTE é a nota do último alumno/a que entra nun Grao Universitario. No enlace podes ver que hai titulacións nas que non é posible entrar en setembro, hai outras nas que incluso sobran praza. A nota de corte pode variar cada ano en función da demanda. Debes consultalas para marcarte metas e facer cálculos de que notas precisas conseguir
Sen título ...que itinerario podo seguir?
- Proba Libre Bachiller (20 anos) - Educación de adultos: presencial, semipresencial, telemática
Quero ser BACHILLER
- Ciclos Medios: tes o acceso directo
Quero ser TÉCNICO ou, TÉCNICO SUPERIOR
-Proba de acceso a Ciclos Superiores (19 anos): permite o acceso a un ciclo que debes superar para poder titular.-Proba Libre Ciclos Superiores (20 anos).Obtés Título superando unha proba .
-Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos ( aínda que non teñas títulos anteriores)
Quero ser UNIVERSITARIO/A
- Dirixido a persoas que teñan ou cumpran os 20 anos o día anterior á celebración da proba.
- A proba está estruturada en 2 EXERCICIOS: 1ºEXERCICIO: L. Galega I e II, materias xerais das materias troncais comúns. 2º EXERCICIO: materias xerais das troncais propias de modalidade e itinerario e, as materias troncais de opción.
- 2 convocatorias: XUÑO, SETEMBRO
- Validacións: se tes materias de Bacharelato podes conseguir validacións. Consulta á orientadora.
- Modelos exame, materiais e máis información: no enlace
- Inscrición: nos centros EPA
PROBA LIBRE Bacharelato(20 anos)
- Permite o ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.
- É preciso ter 19 anos ou cumplilos no ano de realización da proba
- Partes da proba: PARTE COMÚN (inclúe Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemátícas) e PARTE ESPECÍFICA (hai 3 opcións A, B, C; cada unha dá opción a familias profesionais diferentes e inclúen 3 materias de exame distintas das que te examinas de dúas; ver enlace)
- No caso de aprobar unha parte e non toda a proba mantense o aprobado durante 2 convocatorias en Galicia
- Exencións: ter un ano de experiencia profesional,ou un certificado profesional ou...consulta á orientadora.
- Exames: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación
PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR Inscrición: a partir de xaneiro-febreiro
LUIS
MARTA
ALICIA
En 3º ESO, con 16 anos, decidiu que quería traballar. Anos despois deuse conta de que sen estudos non podía progresar. Con 25 anos presentouse ás probas de acceso á universidade sen ningún título previo, agora está en 1º curso dun Grao Universitario
Non tiña a ESO e chegou a ser Técnico Superior. Como? Facendo a ESO por adultos, cursando un CM e logo directamente un C.Superior. Agora está dar o salto á universidade.
Cursou un Ciclo Básico, e gustoulle tanto que accedeu a un Ciclo Medio que está a piques de rematar. Non sabe se poñerse a traballar ou, estudar un C. Superior, ou facer as dúas opcións
NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. O TABOLEIRO DOS SONOS.
NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. ORIENTA 17-18
Tes dispoñible no Blog piensosientosoy.blogspot.com o enlace do programa online de orientación profesional.
DONDE ALOXARSE? CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CRD)
En Galicia contamos con tres CRD dirixidos ao alumnado de Ciclos Medios e Superiores e Bacharelato que precisa estudar fora da súa zona de residencia. Tamén pode acceder alumnado de FP Básica e de Universidade no caso de haber prazas dispoñibles (condicións económicas diferentes). Están ubicados en Culleredo (A Coruña), Vigo e Ourense. Para poder acceder a unha praza nunha destas residencias tes que ter matrícula nun centro público de A Coruña, Culleredo, Vigo ou Ourense. Debe darse a condición de que non tes posibilidade de cursar esta ensinanza no teu lugar de residencia nin noutra localidade próxima á que poidas desprazarte con facilidade.. O prezo vai en función da renda. Podes ter matrícula gratuíta ou matrícula con prezo reducido. O prezo máximo ronda os 2000 euros por curso. Convocatoria: consultar enlace
BECAS MECD
BECAS PARA ESTUDAR . Estas becas pódense solicitar en Bacharelato, FP, Universidade... A solicitude faise ONLINE. A convocatoria sae no verán, aproximadamente entre finais de xullo-agosto. A data de fin da solicitude adoita ser en setembro. Na páxina face de Piensosientosoy informareivos no momento que se publiquen, un motivo máis para seguir a páxina e estar puntualmente informado/a. A data de fin da solicitude adoita ser en setembro-outubro. AXUDAS NEAE Existen outra convocatoria de axudas para costear os gastos da atención educativa do alumnado con NEAE (con discapacidade, sobredotación intelectual …) Estas axudas precisan do informe do Departamento de Orientación, certificado de discapacidade e informe do Ganinete que atende externamente ao alumno/a, polo que de necesitala, é conveniente que vos poñades en contacto coa orientadora antes de que finalice o prazo (setembro).
HEI, QUÉDANME DÚBIDAS!!!
Entón...-ven a a preguntarme -consulta blog de Piensosientosoy -consulta ou pregunta no Face de Piensosientosoy -mándame un email
piensosientosoy.blogspot.com piensosientosoy@gmail.com https://www.facebook.com/piensosientosoyorientadora/