Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Maio 2018 Operación "Futuro" 3º -4ºESO copia copia

PIENSOSIENTOSOY

Created on May 17, 2018

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Transcript

OPERACIÓN "FUTURO de indicativo"

DE 3º a 4º ESO e... máis alá!

ORIENTAMUGARDOS. MAIO 2018BLOG: http://piensosientosoy.blogspot.com FACEBOOK:@piensosientosoyorientadora

1001 preguntas e as súas respostas

Esta presentación é un pequena introdución dos contidos do Caderniño de Orientación Profesional de 3º ESO. Unicamente imos ver as cuestións claves, debes ampliar información co caderniño, ok?

TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A ROMA?

Esta frase ben nos vale para indicar que PODES CHEGAR A UNHA META DESDE DIFERENTES ITINERARIOS.Todo depende dos teus intereses, das túas motivacións, das capacidades nas que destacas, dos teus concidicionantes persoais (económicos, familiares, valores, etc). A un destino pode chegarse nun tren máis rápido ou máis lento, ou... en coche ou en avión. Pode que teñas que facer paradas, incluso que perdas un tren, que o teu percorrido sexa dificultoso ou teña imprevistos, pero escollas o itinerario que escollas poderás chegar a Roma ou donde ti queiras ;) ,

PRIMEIROS OBXECTIVOS:PROMOCIONAR A 4º E DESPOIS TITULAR

TITULO ESO

PROMOCIONO A 4º

Se APROBO TODO ou, SUSPENDO UNHA materia.

Se suspendo como MÁXIMO DÚAS materias que NON SEXAN simultaneamente: L. Galega e Literatura + Matemáticas ou L. Castelá e Literatura +Matemáticas e, O EQUIPO DOCENTE DECIDE que teño os obxectivos e competencias da etapa. LEMBRA que: as materias coa mesma denominación de diferentes cursos considéranse como materias diferentes e, que a nota de relixión conta para promocionar de curso e titular. EXCEPCIÓNS QUE DECIDE O PROFESORADO: - promociono con tres materias suspensas cando dúas delas non son de forma simultánea L. Galega e Literatura e Matemáticas, ou L. Castelá e Literatura e Matemáticas; o equipo docente considera que podo seguir con éxito o curso seguinte aplicándome as medidas de atención educativa propostas no consello orientador. -promociono excepcionalmente con dúas suspensas sendo simultaneamente L.Galega e Literatura e Matemáticas, ou L. Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que podo seguir con éxito o curso seguinte con medidas propostas no consello.

Se aprobo todo ou , suspendo unha materia. Ollo se te queda unha poderás titular pero o farás en setembro. Isto pode implicar non entrar no ciclo medio que desexas cursasr

Se suspendo dúas materias que non sexan simultaneamente LC, LG ou Matemáticas, e o profesorado DECIDE que teño os obxectivos e competencias da etapa e debo titular.

-nº repeticións na etapa: 2 veces. - 4º curso é o único que se pode repetir 2 veces se non se repetiu na etapa.

O EXPEDIENTE: POR QUE DEBO DAR TODO O QUE POIDA?

NOTAS ESO

A maior nota máis posibilidade de entrar no Ciclo Medio que desexas cursar

Se aprobas en Setembro, encontrás que moitas titulacións quedaron sen praza xa en xuño

OLLO: Se titulas en 4º con materias suspensas baixará a túa nota de acceso ao ciclo Medio, un motivo máis para intentar aprobar todo, todo!

Dirixido ao alumnado con dificultades de aprendizaxe que xa repetiu na etapa ou que repite o próximo curso 3º e se considera que con esta medida pode cursar 4º e TITULAR. Algunhas materias organízanse en ÁMBITOS: -LINGüÍSTICO E SOCIAL: LG,LC,X-H -CIENTIFICO E MATEMÁTICO: B-X,F-Q, Mat. Os ámbitos e a L. Estranxeira cursanse en grupo pequeno e as demáis materias co grupo de referencia Nº máximo alumnado: 10 É preciso que o equipo docente aconselle esta medida e se presente á inspección para a súa aprobación: o informe do titor/a e o informe psicopedagóxico do Dpto de Orientación. 4º Curso recomendado despois do PMAR: 4º aplicado. Habería opción de 4º Académico..

SE TEÑO QUE REPETIR ESTA PODE SER UNHA OPCIÓN

PMARPROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE

Supero 3º ESO e...agora que!?

Supero 3º ESO e...agora que!?

...e preguntar dúbidas á ORI. Contrasta a información con ela, non te quedes con información que escoitas na rúa

Pois toca coñecer as miñas opcións e tomar decisións para elexir materias e itinerarios de 4º...

Quero cursar o Bacharelato

GRAO UNIVERSITARIO

  • Duración: 2 cursos
  • Repeticións: unha por curso

CICLO GRAO SUPERIOR FPE

CICLO GRAO SUPERIOR ENSINANZAS DEPORTIVAS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (proba de acceso específica )

  • Artes
  • Ciencias
  • Humanidades e Ciencias Sociais

Permite o acceso a....

  • Materias troncais xerais
  • Materias troncais de opción
  • Materias específicas
  • Materias de Libre Configuración

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (con proba de acceso específica)

ARTE DRAMÁTICO (con proba de acceso específica)

Título de Bachiller subtítulo

CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN (con proba de acceso específica)

Quero cursar FPE

23 FAMILIAS PROFESIONAISCada familia inclúe Ciclos de diferentes Graos

Mundo laboral

TÍTULOS-Básico (CB) -Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)

  • Grao Básico
  • Grao MEDIO
  • Grao SUPERIOR

CICLO GRAO MEDIO

CICLO GRAO SUPERIOR

GRAO UNIVERSITARIO

  • Duración: 2 anos
  • 2000 horas en practicamente todos os ciclos

REQUISITOS DE ACCESO -Directo: CM: ESO (70 % das prazas) ou FP Básica (20% das prazas) CS: CM (10% das prazas), Bach (70% das prazas) -Mediante proba (cando non tes título esixido): 17, 19 anos (10% das prazas)

  • Co título de Técnico Superior podes acadar o título de Bacharelato matriculándote das materias troncais xerais do Bach.
  • MÓDULOS profesionais
  • Módulos comúns a tódolos ciclos: FOL, Empresa e iniciativa emprendedora
  • FCT

MODALIDADES: Ordinaria, Modular (a distancia, presencial), Dual (se tes entre 16-29 anos)

  • ERASMUS
  • CONCURSOS

OFERTA CICLOS MEDIOS FPE

LEMBRA: A OFERTA ACTUALÍZASE EN XUÑOPode que haxa novos ciclos e centros que imparten esta formación! Consulta novos folletos no Blog de Piensosientosoy

CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA

GALICIA: 23 FAMILIAS PROFESIONAIS

Preme en cada familia para coñecer todos os Ciclos Básicos, Medios e Superiores

Oferta fora de Galicia: no blog, ir ao enlace "TODOFP"

Quero cursar ENSINANZAS ARTÍSTICAS

  • Duración: 2 anos
  • 2000 horas

ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

CM Serigrafía CM Procedementos Xoiaría artística CS Arquitectura efémera CS Cerámica artística CS Dourado, prateado e policromía CS Ebanistería artística CS Escultura aplicada ao espectáculo CS Fotografía artística CS Gravado e técn. de estampación CS Ilustración CS Serigrafía Artística CS Xoiaría Artística

REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)

Mundo laboral

TÍTULOS-Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)

CICLO GRAO SUPERIOR

GRAO UNIVERSITARIO

ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

ENSINANZAS SUPERIORESARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

  • Duración: 4 anos
  • EQUIVALENTE A GRAO UNIVERSITARIO

-Deseño Gráfico -Deseño de INTERIORES -Deseño de MODA -Deseño de PRODUTO

REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: Bacharelato ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)

CONSERVAC. E RESTAURAC.BENS CULTURAIS

ARTE DRAMÁTICO

Dirección Dramaturxia Esceonografía

Arqueoloxía Escultura Pintura

Quero cursar ENSINANZAS DEPORTIVAS

ENSINANZAS DEPORTIVAS

  • Duración: 2 anos
  • 2000 horas

• CM Esquí Alpino CS Esquí Alpino • CM Esquí de Fondo CS Esquí de Fondo • CM Snowboard CS Snowboard • CM Fútbol CS Fútbol • CM Fútbol Sala CS Fútbol Sala • CM Atletismo CS Atletismo • CM Baloncesto CS Baloncesto • CM Balonmán • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre •CS Hípica • CM Salvamento e Socorrismo CS Salvamento e Socorrismo • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo • CM Vela con Aparello Fixo • CM Vela con Aparello Libre • CM Judo e Defensa Persoal • CM Piragüismo de Augas Tranquilas • CM Piragüismo de Augas Bravas • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas • bloque común actividades de formación federacións deportivas

REQUISITOS DE ACCESO: -Ter a titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez -Superar unha proba específica deportiva (salvo exencións)

TÍTULOS-Técnico Deportivo (CM) -Técnico Deportivo Superior (CS)

Acceso a...

GRAO UNIVERSITARIO(no caso de CS)

Mundo laboral

CICLO GRAO SUPERIOR (no caso do CM)

Sen título ...que itinerario podo seguir?

Quero ser GRADUADO/A EN ESO

Quero ser TÉCNICO BÁSICO

  • Se cursas un Ciclo Básico podes ter opción a obter o Graduado en ESO.
  • Neste momento, e mentras non haxa pacto educativo, non é preciso superar a proba final de etapa, unicamente tes que demostrar que tes os obxectivos e competencias da ESO.
  • A decisión a toma o equipo docente, a responsiblidade é túa
  • Proba Libre ESO (18 anos)
  • Educación de adultos: presencial, semipresencial, telemática (18 anos, agás excepcións)

Sen título ...que itinerario podo seguir?

- Proba Libre Bachiller (20 anos) - Educación de adultos: presencial, semipresencial, telemática

Quero ser BACHILLER

-Proba de acceso a Ciclos Medios (17 anos): permite o acceso a un ciclo que debes superar para poder titular.-Proba Libre Ciclos Medios (18 anos). Obtes título superando unha proba

Quero ser TÉCNICO ou, TÉCNICO SUPERIOR

-Proba de acceso a Ciclos Superiores (19 anos): permite o acceso a un ciclo que debes superar para poder titular.-Proba Libre Ciclos Superiores (20 anos).Obtés Título superando unha proba .

-Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos ( aínda que non teñas títulos anteriores)

Quero ser UNIVERSITARIO/A

  • Dirixido ao alumnado de 16-17 anos, excepcionalmente 15 anos, que teña cursado 3º ESO ou excepcionalmente 2º ESO.
  • É preciso que o equipo docente aconselle esta medida e a familia acepte.
  • Título con valor académico e profesional: é equivalente no mundo laboral ao Graduado en Educación Secundaria; permite o acceso directo a Ciclos Medios (reserva dun 20% das prazas) e tendo preferencia nos ciclos medios relacionados co Ciclo Básico.
  • Neste momento, ao non exisitir a posibilidade de presentarse á Proba Final de etapa, podes conseguir o GRADUADO EN ESO
  • OFERTA IES MUGARDOS: AGROXARDINERÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS

MÓDULOS: 1.Profesionais asociados á unidade de competencia. 2. Formativos: Comunicación e Sociedade, Ciencias Aplicadas. 3. FCT. 4. Tutoría.

  • Dirixido a persoas que teñan ou cumpran os 18 anos o día anterior á celebración da proba.
  • A proba está estruturada en 3 ÁMBITOS: COMUNICACIÓN (Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira), CIENTÍFICO TECNOLÓXICO (Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía-Xeoloxía, Física e Química e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural da materia de Educación Física), SOCIAL (Xeografia e Historia, Economía, Iniciación á actividade emprendedora, e aspectos perceptivos das materias de Música e Educación Plástica)
  • 2 convocatorias: XUÑO, SETEMBRO
  • Exencións: se tes materias de 4º ou módulos da ESO podes ter exencións. Consulta á orientadora.

PROBA LIBRE ESO(18 anos)

  • Permite o ACCESO AOS CICLOS MEDIOS, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.
  • É preciso ter 17 anos ou cumplilos no ano de realización da proba
  • Partes da proba: Sociolingüística (LC,LG,CS), Matemáticas, Científico Técnica (C.N, Tecnoloxía)
  • No caso de aprobar unha parte e non toda a proba mantense o aprobado durante 2 convocatorias en Galicia
  • Exencións: ter un ano de experiencia profesional,ou un certificado profesional ou, ter superado o 2º curso ou determinados módulos da FP Básica, ESA, PCPI che pode eximir de facer algunha parte. Consulta á orientadora.
  • Exames: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIOCurso 17-18 Datas último curso Inscrición: 12-23 marzo Exame: 31 maio

MARTA

LUIS

ALICIA

En 3º ESO, con 16 anos, decidiu que quería traballar. Anos despois deuse conta de que sen estudos non podía progresar. Con 25 anos presentouse ás probas de acceso á universidade sen ningún título previo, agora está en 1º curso dun Grao Universitario

Non tiña a ESO e chegou a ser Técnico Superior. Como? Facendo a ESO por adultos, cursando un CM e logo directamente un C.Superior. Agora está dar o salto á universidade.

Cursou un Ciclo Básico, e gustoulle tanto que accedeu a un Ciclo Medio que está a piques de rematar. Non sabe se poñerse a traballar ou, estudar un C. Superior, ou facer as dúas opcións

ORICONSELLOS PARA TOMAR DECISIÓNS CON TINO

ELEXIR BEN 3º-4ºESO Como escoller Materias?

PARA ELEXIR BEN AS MATERIAS DE 4º, DEBES TER EN CONTA O QUE QUERES FACER DESPOIS.

2. Queres cursar un CICLO MEDIO.

1. Queres cursar BACHARELATO. Debes preguntarte: " PARA QUE?"

-Se é para cursar un GRAO UNIVERSITARIO o 4º máis axeitado é o 4º Académico. Debes escoller as opcións 1 ou 2 tendo en conta a que modalidade queres dirixirte.

-Se é para cursar un CICLO SUPERIOR DE FPE... debes consultar que ciclos se vinculan con cada modalidade de Bacharelato e logo escoller a opción de 4º relacionada coa modalidade. CONSULTA as táboas de vínculos CS-Bacharelato

4º de Ensinanzas Aplicadas é unha boa opción pero podes escoller o Académico se dubidas.

Tes que saber que os GRAOS organízanse en RAMAS, e que cada RAMA se relaciona con materias de 2º curso dunha ou máis modalidades de Bacharelatos. Son dalgunhas destas materias das que che examinarán na ABAU (proba de acceso á universidade) para mellorala puntuación.

Á súa vez, as materias de 4º están relacionadas coas de 1º Bacharelato e estas coas de 2º. CONSULTA o cadro de vínculos das RAMAS universitarias-materias de 4º (e os cadros de materias de 4º e 1º-2º Bach).

Elección Materias 4ºOriconsellos

RelaciónItinerarios de 4º- modalidades de Bacharelato IES Mugardos

BACHARELATODE ARTES

Vínculo Graos Universitarios coas materias de 4ºESO

OFERTA GRAOS UNIVERSITARIOS

Vínculo C. Superiores -Bacharelato

NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. O TABOLEIRO DOS SONOS.

NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. ORIENTA 17-18

Tes dispoñible no Blog piensosientosoy.blogspot.com o enlace do programa online de orientación profesional.

BECAS MECD

BECAS PARA ESTUDAR . Estas becas se poden solicitar en tódalas etapas desde a Infantil á Universidade. A solicitude faise ONLINE. A convocatoria sae no verán, aproximadamente entre finais de xullo-agosto. A data de fin da solicitude adoita ser en setembro. Na páxina face de Piensosientosoy informareivos no momento que se publiquen, un motivo máis para seguir a páxina e estar puntualmente informado/a. A data de fin da solicitude adoita ser en setembro-outubro. AXUDAS NEAE Existen outra convocatoria de axudas para costear os gastos da atención educativa do alumnado con NEAE (con discapacidade, sobredotación intelectual …) Estas axudas precisan do informe do Departamento de Orientación, certificado de discapacidade e informe do Ganinete que atende externamente ao alumno/a, polo que de necesitala, é conveniente que vos poñades en contacto coa orientadora antes de que finalice o prazo (setembro).

HEI, QUÉDANME DÚBIDAS!!!

Entón...-ven a a preguntarme -consulta blog de Piensosientosoy -consulta ou pregunta no Face de Piensosientosoy -mándame un email

piensosientosoy.blogspot.com piensosientosoy@gmail.com https://www.facebook.com/piensosientosoyorientadora/