Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Programacións didácticas para Lingua e Literatura Galegas

A Profa - Pilar Ponte

Created on April 13, 2018

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

de Lingua Galega e Literatura

Pilar PonteA PROFA

I - PUNTO DE PARTIDA

1 Funcións do profesorado

2 Programación didáctica

3 TIL (Tratamento Integrado de Linguas)

4 Curación de contidos

Programamos a ensinanza dunha lingua non normalizada

1. FUNCIÓNS DO PROFESORADO

a) A programación e a ensinanza das áreas, materias e módulos que teñan encomendados. b) A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado, así como a avaliación dos procesos de ensinanza.

LOMCE. TÍTULO III. Capítulo I. Artigo 91. Funcións do profesorado.

2. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

É o conxunto de decisións adoptadas polo profesorado dunha especialidade nun centro educativo sobre unha materia en relación ao nivel en que se imparte. É un instrumento de planificación curricular. Ferramenta de traballo.

3. TIL (Tratamento Integrado de Linguas)

Os centros docentes impartirán de xeito integrado o currículo de todas as linguas da súa oferta educativa, co fin de favorecer que todos os coñecementos e as experiencias lingüísticas do alumnado contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa plurilingüe. No proxecto lingüístico do centro concretaranse as medidas tomadas para a impartición do currículo integrado das linguas. Estas medidas incluirán, polo menos, acordos sobre criterios metodolóxicos básicos de actuación en todas as linguas, acordos sobre a terminoloxía que se vaia empregar, e o tratamento que se lles dará aos contidos, aos criterios de avaliación e aos estándares de aprendizaxe similares en cada materia lingüística, de xeito que se evite a repetición dos aspectos comúns á aprendizaxe de calquera lingua.

4. CURACIÓN DE CONTIDOS

- Buscar - Seleccionar - Personalizar - Compartir

- Buscadores - Portais - Profesorado de referencia - Premios

ONDE BUSCAR

II - REFLEXIÓNS

1 Obxectivos

2 Números curriculares

3 Espello de normalidade

4 Lecturas

Programamos a ensinanza dunha lingua non normalizada

1. OBXECTIVOS

Na introdución do currículo das materias lingüísticas: “estas materias lingüísticas perseguen o obxectivo último de contribuír á formación de cidadáns e cidadás cunha competencia comunicativa que lles permita interactuar satisfactoriamente en todos os ámbitos que forman e van formar parte da súa vida.”

1. OBXECTIVOS

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

DECRETO 86/2015 (TÍTULO I Educación secundaria obrigatória.CAPÍTULO I Principios e obxectivos. Artigo 10. Obxectivos da educación secundaria obrigatoria

Comunicación oral. Escoitar e falar. 12 estándares Comunicación escrita. Ler e escribir. 31 estándares Funcionamento da lingua. 15 estándares Lingua e sociedade. 12 estándares Educación literaria. 12 estándares

2. NÚMEROS CURRICULARES

5 BLOQUES

1º ESO

Incubadora de galegofalantes Diversidade na mostra de ámbitos de comunicación oral Temáticas de actualidade e de interese para o alumnado nos escritos que reciben ou producen Instrumento de normalización no resto do centro e na sociedade Axentes de difusión da cultura galega Dignificación da materia

3. ESPELLO DE NORMALIDADE

4. LECTURAS

As traducións deben formar parte do plan lector dos clubs de lectura e do resto de materias

Lecturas que amosen unha normalización de ámbitos de uso (medios dixitais)

Lectura literaria variada en xéneros e temáticas

III. PROGRAMACIÓN DE URXENCIA EN 4 FASES e 10 PASOS

1 Distribución de obxectivos, criterios de avaliación e estándares por unidades

2 Indicadores de logro, competencias, procedementos e instrumentos de avaliación

3 Temporalización, centros de interese, produtos finais e plan lector

4 Actividades

1. DISTRIBUCIÓN DE OBXECTIVOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE POR UNIDADES

Adxudicámoslle a cada unidade eses estándares e os relacionados con eles, así como os contidos e criterios de avaliación correspondentes

Repartimos os estándares restantes xunto cos seus contidos e criterios de avaliación entre as quince unidades (1)

Eliximos 15 estándares de aprendizaxe que consideremos centrais que van ser a orixe de cada unidade

(1) E tamén repetimos os estándares que se traballan nas diversas unidades tendo en conta que debemos avaliar cada estándar como mínimo unha vez ao longo do curso.

2. INDICADORES DE LOGRO, COMPETENCIAS, PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Establecemos os procedementos de avaliación e os instrumentos de avaliación para cada unidade

Establecemos os indicadores de logro para cada estándar

Decidimos que competencias traballaremos en cada unidade

3. TEMPORALIZACIÓN, CENTROS DE INTERESE, PRODUTOS FINAIS E PLAN LECTOR

Deseñamos o noso plan lector (respectando o Proxecto Lector de Centro)

Marcamos unha temporalización das unidades que permita unha progresión de coñecementos e habilidades

Decidimos o centro de interese de cada unidade (contidos transversais) e establecemos un produto final (ou varios) para cada unha

4. ACTIVIDADES

Creamos as actividades seguindo unha orde:

3 Actividades de desenvolvemento

2 Avaliación final

1 Avaliación inicial

*Nos 3 casos deseñamos tamén as actividades de reforzo e atención á diversidade tanto por déficit como por sobredotación.

Programamos a ensinanza dunha lingua non normalizada

XXVII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA

GRAZAS!

Santiago de Compostela14 de abril de 2018