Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
verbos de alternancia
Saboridinha
Created on March 19, 2018
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
Transcript
verbos de alternancia vocálica
Verbos alternancia
Os verbos que en galego son considerados irregulares, sono por dous motivos: a) a raíz do tema de perfecto non coincide co tema de presente. (caibo, couben) b) cando conxugamos o verbo aparecen tres ou catro radicais diferentes (vou, vaiades, irei, fora...)
Verbos alternancia
No galego temos outra clase de verbos, que non presentan alteracións tan significativas no radical, mais que presentan mudanzas no seu sistema vocálico.
Verbos alternancia: -er
Os verbos en -er que teñen -e-, -o- como últimas vogais do lexema presentan unha alternancia [‘ɛ]/[‘e], [‘ɔ]/[‘o], teñen a tonicidade na raíz. Distribúense da seguinte maneira: -[‘ɛ], [‘ɔ] -na 2ª e 3ª pers. de sg. e na 3ª de pl. do Pres. de Indicativo -[‘e], [‘o] no resto das persoas. -en posición átona son sempre fechadas.
Modelo Comer
Modelo Beber
PRES. IND.- PRES. SUBX.- IMPER. como [‘o] coma [‘o] comes [‘ɔ] comas [‘o] come [‘o] come [‘ɔ] coma [‘o] ··· ··· ··· ··· ··· comen [‘ɔ] coman [‘o]
PRES. IND.- PRES. SUBX. -IMPER. bebo [‘e] beba [‘e] bebes [‘ɛ] bebas bebe [‘e] bebe [‘ɛ] beba [‘e] ··· ··· ··· ··· ··· beben [‘ɛ] beban [‘e]
Estas alteración son na pronuncia
Verbos alternancia: -er
Fican excluídos desta alternancia verbos que por razóns históricas teñen a tonicidade na raíz e son abertos: ([ɛ]: querer, quecer, esquecer; [ɔ]: poder), ou sempre fechados ([e]: deber, crer, ler, e sobreser)
Verbos alternancia: -ir
Temos nesta conxugación dous modelos: servir e durmir.
Galego con curso, cap.34
Neste programa falan de xogos e deportes. Máis para adiante tratan o tema dos verbos como servir e a súa alternancia vocálica.
Verbos alternancia: -ir
Os verbos que teñen u como vogal final do lexema no infinitivo (durmir, tupir...) poden presentar dous tipos de alternancia no presente de Indicativo (no resto dos tempos coinciden)
Galego con curso, cap.47
Neste video falan dun dos grandes praceres da vida, durmir. Podemos ver as diferenzas de significado que existen entre as palabras "sono" e "soño". E tamén conxugar o presente de indicativo do verbo durmir que presenta alternancia vocálica
2) Pon en Presente do Ind
1) Pon en Presente do Ind
-Sara sempre (conseguir) o que quere-Que ben (ulir) este perfume -O río (ruxir) no fondo do carrozo -Eu (durmir) coa xanela aberta, ti (durmir) así ? -(Sentir, eu) moito o que aconteceu. Ti non o (sentir)
-Ti sempre (mentir) -Por que (tusir, Ti)? -O esquío (fuxir) polas árbores -Se (seguir, Ti) así, acabarás enfermando -Este computador non (servir) para nada -O anel (lucir) moi ben no teu dedo
3) Marca o timbre da vogal
4) Analiza estas formas verbais
-Que BEBES?-BEBO auga. -BEBE café, verás que bo está. -COME axiña. Se non COMES terei que marchar.
sigue/segue; durmo/dorme/durma