Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

2º LT Reino visigodo

Jordi Verdejo

Created on October 4, 2016

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Timeline

Timeline video mobile

Timeline Lines Mobile

Major Religions Timeline

Timeline Flipcard

Timeline video

History Timeline

Transcript

O reino visigodo

Recesvinto promugla o Fuero Juzgo

Leovixildo conquista e anexiona o reino suevo

Acordo entre os visigodos e o Imperio romano

589

711

409

507

416

585

654

Suevos, vandalos e alanos entran no Imperio romano

Derrota ante os francos e retirada ao sur dos Pirineos

Recaredo convértese á relixión católica

Conquista musulmá e fin do reino visigodo

409: Suevos, vándalos e alanos

No ano 409 os pobos dos suevos, os vándalos e os alanos cruzan a fronteira norte do Imperio romano aproveitando a debilidade das súas defensas. Estes pobos xermanos asolan o territorio saqueando vilas e cidades, e creando o caos por onde pasan.

Os suevos conseguirán establecerse na provincia romana de Gallaecia e fundar un reino que durará case 200 anos.

416: acordo entre visigodos e romanos

Debido á súa incapacidade para controlar o territorio o emperador romano Honorio asinou un acordo co rei visigodo Walia. Nese acordo, coñecido co nome de foedus, os romanos recoñecían o poder dos visigodos sobre gran parte do seu territorio a cambio de que os seus guerreiros mantiveran a seguridade e defendesen á poboación.

Grazas a este pacto os visigodos puideron instalarse definitivamente en territorio romano. O seu reino ocupaba parte de Hispania e Galia e instalaron a súa capital en Tolosa (Toulousse).

507: os francos derrotan aos visigodos

A comezos do século VI os francos atacan o reino visigodo. Alarico II, rei dos visigodos, reuniu aos seus exércitos e enfrontouse aos invasores na batalla de Vouillé. A derrota dos visigodos foi total e incluso o rei morreu durante a batalla.

O fillo de Alarico II conseguiu reagrupar aos señores visigodos e retirarse ao sur dos Pirineos, deixando a Galia baixo control dos francos e creando así o reino visigodo de Toledo.

585: Leovixildo anexiona o reino suevo

O rei visigodo Leovixildo reforzou o reino con ataques constantes aos seus veciños: suevos, cántabros, francos e vascóns.

No ano 585 o reino suevo atópase dividido e os señores loitan entre eles para escoller ao novo rei. Leovixildo aproveitou esa situación e atacou rapidamente a capital sueva, Braga, derrotou aos seus defensores e anexionou os territorios suevos ao reino visigodo.

589: Recaredo convértese ao catolicismo

Os visigodos eran cristiáns arriáns, unha herexía que creía que Cristo non era deus. Non obstante, a maior parte da poboación de orixe hispano-romana eran católicos.

No ano 589 celébrase un concilio en Toledo e diante dos bispos e os grandes señores do reino o rei Recaredo abandona a herexía arriana e convértese ao catolicismo. O rei aceptou o cambio relixioso co abxectivo de que todos os habitantes do seu reino tivesen a mesma relixión: o catolicismo.

654: Recesvinto aproba o Fuero Juzgo

O Fuero Juzgo foi o primeiro código de leis que afectaba por igual aos visigodos e á poboación de orixe hispano-romana. Ata que o rei Recesvinto aprobou este código, romanos e visigodos tiñan distintas leis e distintos castigos.

O código está composto por 12 libros e nel se regulan os matrimonios, os testamentos, o código penal (os delitos e as penas) e incluso o trato que hai que darlle por lei aos herexes e os xudeus.

711: A conquista musulmá acaba co reino

A comezos do século VIII o reino visigodo estaba debilitado polas loitas internas e non puido facer fronte ás tropas musulmás comandadas por Tariq ibn Ziyad. O rei Rodrigo morreu enfrontándose aos musulmáns na batalla de Guadalete, converténdose así no último dos reis visigodos.Comeza así a época de Al-Ándalus.