Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Prexuízos

luciadominguezvillar

Created on January 1, 1

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Piñata Challenge

Teaching Challenge: Transform Your Classroom

Frayer Model

Math Calculations

Interactive QR Code Generator

Interactive Scoreboard

Interactive Bingo

Transcript

Os prexuízos do galego

María Nieto Lucía Domínguez

Para entender ben o concepto de prexuízo primeiro debemos distinguir entre:

  • Xuízos de valor: non son comprobables e poden afectar ás persoas, pobos, ... teñen a súa base en propiedades circunstanciais ou permanentes.
  • Xuízos de feito: poden someterse á comprobación e non dan lugar a prexuízos.
Moitas veces, os xuízos de valor adoptan formas de xuízos de feito, e presentan como trazos negativos características de persoas e pobos, de modo que uns xuízos aparentemente descriptivos convértense en discriminatorios.

Qué son os prexuízos lingüísticos?

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor sen base suficiente emitidos sobre unha lingua ou sobre os falantes desta, co propósito de provocar o seu rexeitamento. Non só existen prexuízos lingüísticos, se non que tamén son de tipo raciais, culturais, sexistas...

Prexuízos na Galiza

De onde proceden os prexuízos contra o galego?

  • FALTA DE UTILIDADE DO GALEGO
  • POBREZA E ATRASO
  • SUPOSTA IMPOSICIÓN DO GALEGO

​POBREZA E ATRASO

Un gran número de galegos foxen da nosa lingua identificándoa co pasado, pensando que co seu uso volveremos ós séculos escuros. Relacionan o galego cunha lingua de pobres e ignorantes e pensan que non é apta para a escritura.

​SUPOSTA IMPOSICIÓN

Nos últimos anos relacionase o galego cunha minoría política intolerante, con radicais e extremistas. A lingua galega xa non se considera lingua de todos, do pobo, se non que se ve como unha imposición na educación e unha obriga por parte do sistema. Os non falantes tamén se aferran e se xustifican co medo ó castigo e á ridiculización.

​FALTA DE UTILIDADE

Dende van moitos anos crese, infundadamente, que o galego íllanos do exterior, así como que só é propio do rural. Hoxe en día, aínda se pensa que é posible unha lingua universal, rexeitando todas as minoritarias, que contribúen á diferenciación cultural.

"Todos os cans do mundo ouvean igual porque ainda están no estadio da lingua universal" - Castelao

Orixe dos prexuízos na Galiza

Conformación dun prexuízo

A aparición dos prexuízos acostuma ser da seguinte forma: O primeiro paso é a creación dun estereotipo a partir de tendencias maioritarias e logo, nun proceso de simplificación, no que non se aceptan as excepcións ou se ten unha visión errónea , convértese entón dito estereotipo nun prexuízo

Contexto histórico

Históricamente na nosa terra os prexuízos lingüísticos servían á poboación castelanfalante, que ,ó contrario á galegofalante, non tiñan que aprender e empregar outro idioma que non fose o natal. Na actualidada seguen existindo grandes desigualdades, provocadas entre outros motivos pola asimetría creada pola Constitución de 1978.​

Os prexuízos na actualidade

​ Os prexuízos lingüísticos son unha realidade na nosa sociedade,na cal se foron formando durante os séculos debido á imperante imposición do castelán. Son potenciados dende os diferentes ámbitos do poder, na procura tanto dunha uniformidade cultural como lingüística, especialmente desde os estados centralistas.​

Como combater os prexuízos ?​

Inda que na actualidade a situación do galego é moi boa segue estando moi lonxe da idónea. Esto poderíanos levar a pensar que os prexuízos do galego son mínimos, mais as ultimas enquisas e estudos sinalan que os prexuízos estan moi arraigados, especialmente na xente nova, algo moi preocupante.

Medidas contra os prexuízos

Nos últimos anos estase a levar a cabo un proceso de normalización promovido pola acción da Xunta xunto con diversas asociacións como Prolingua... Non obstante o labor máis importante é o da poboación, que debe ocuparse da transmisión xeneracional e estender os seus ámbitos de uso mediante unha acción conxunta.

María Nieto Mena Lucía Domínguez Villar 2 BACH A. IES O COUTO